Hoxe estamos traballando un conto sobre mentiras. Deixóunolo a mascota cando nos falou dunha nena mentireira que andaba pola escola. O único problema é que só temos a ilustración e estamos tentando argallar a historia.
Xa vos contaremos como nos vai.
Este blog que naceu o curso pasado cando estabamos en 5º, vainos servir de comunicación e de medio para contar o que facemos agora tamén en 6º.
26 nov 2010
25 nov 2010
UNHA NOTICIA CURIOSA DO XORNAL PROVOCA UNHA ACTIVIDADE GRUPAL
Dende comezos de curso traballamos na clase co xornal. Hoxe apareceu na contraportada unha nova relacionada co Sol. Alguén de Vigo, ante notario, reclamou o sol como propiedade.
Estivemos hipotetizando a partir do título e despois comprobamos se acertaramos. Todo era moi esperpéntico, incluída a realidade.

ASISTIMOS A UNHA CHARLA DE EDUCACIÓN VIAL
Na biblioteca do cole asistimos a unha charla de educación vial. Veu Diego, un garda municipal local de Pontevedra. Resultou amena e revisamos aspectos importantes para seguridade.
24 nov 2010
REMATAMOS O PROXECTO DE TOPONIMIA
Despois de varios días traballando como científicas e científicos, logramos por fin rematar de colocar os nomes atopados. Estivemos localizando no mapa e situando todo nun mural. Xa o veredes na exposición.
23 nov 2010
DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA
En 5º tamén quixemos poñer o noso gran de area na celebración do día da palabra,sabemos que hai palabras fermosas, palabras prácticas, palabras cotiás ,palabras de escola (proxecto, tempo, prehistoria, lapis,...), palabras de mentira... e queremos compartilas co colexio, así que recollemos as que nos gustan e puxémolas nun tendal xunto coas palabras que escribiron as nenas e os nenos de 3º. Se queredes podedes deixarnos palabras fermosas no blog.
19 nov 2010
FACEMOS UN NOVO PROXECTO
MAÑÁ, 20 DE NOVEMBRO, TODAS E TODOS COS DEREITOS DA INFANCIA
HOXE AS NOSAS MASCOTAS INDICÁRONNOS QUE O 20 DE NOVEMBRO SE CONMEMORABA O ANIVERSARIO DA APROBACIÓN DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS. NO COLEXIO, ESTE CURSO TRABALLAMOS CO ARTIGO 2º.
SEGUIMOS TRABALLANDO SOBRE A TOPONIMIA
RELACIONADO CO TEMA DO MAGOSTO EN 5ºA ESTAMOS A TRABALLAR COA TOPONIMIA RELACIONADA CO CASTIÑEIRO... ONDE HABÍA CASTIÑEIROS NA NOSA XEOGRAFÍA? ONDE APARECEN NOMES DE LUGAR RELACIONADOS?
A ÚLTIMA FASE DO TRABALLO LEVOUNOS MANEXAR MAPAS VARIOS.
VELAQUÍ AS FOTOS DALGUNHA SESIÓN DE TRABALLO NA AULA.

UNHA EXPERIENCIA NOVA
NA CLASE DE 5º B ESTIVEMOS TENTANDO EXPLICAR NÓS, FACER DE PROFES. FOI UNHA EXPERIENCIA NOVA E CURIOSA. XA VOLA CONTAREMOS POLO MIÚDO.
![]() |
| explicar 5ºB |
18 nov 2010
CO QUE VIMOS NA EXPOSICIÓN, FACEMOS ACTIVIDADES

POR EXEMPLO DESCRIBIMOS A TORRENTE BALLESTER:
Gonzalo Torrente Ballester era un home baixo e delgado.
A súa tez era branca, os ollos marróns, os beizos delgados e usaba unhas gafas moi grandes.
O seu pelo era de cor gris e curto.Non tiña barba nin bigote.
Nos últimos anos o seu rostro estaba engruñado.
Era un home moi elegante, porque case sempre levaba un traxe con garabata.
Esta descrición foi elaborada por Susana Marra 5ºB
4 nov 2010
SEGUIMOS DE VISITAS EDUCATIVAS
O XOVES, 4 DE NOVEMBRO VISITAMOS O MUSEO E O ARQUIVO.
NO ARQUIVO VIMOS MATERIAIS QUE SE USABAN NA IDADE MEDIA PARA ESCRIBIR OS CÓDICES. TOMAMOS BOA NOTA PARA CANDO FAGAMOS O PROXECTO DA IDADE MEDIA.
NO MUSEO ASISTIMOS Á EXPOSICIÓN SOBRE "TORRENTE BALLESTER", LEVAMOS UN GUIÓN PARA COMPLETAR CON PREGUNTAS PARA TRABALLAR SOBRE EL NA CLASE.

2 nov 2010
HABÍA CASTIÑEIROS NA PREHISTORIA?

AGORA ESTAMOS INVESTIGANDO A HISTORIA DO CASTIÑEIRO. IMOS SER CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS FACENDO INVESTIGACIÓN.
HAI DATOS COMO:
O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore profundamente ligada á Galicia. Non se sabe con certeza cando chegou á nosa terra, seguro que hai miles de anos. Igual que sucede con outras plantas cultivadas desde tempos antigos, é difícil precisar onde medra de forma espontánea e onde é unha árbore cultivada.
É moi lonxevo, podendo ser varias veces centenario, incluso milenario, atopándose con frecuencia exemplares que son verdadeiros monumentos vexetais. En Galicia temos castiñeiros antigos dignos de ser mencionados: o da igrexa de Baamonde (Begonte, Lugo), co seu tronco oco convertido en altar da Virxe esculpido na propia madeira da árbore polo escultor local Víctor Corral, o de Rozabales (Manzaneda, Ourense), os do Souto de Quintela (Catasós, Lalín, Pontevedra), considerados entre os máis grandes e de mellor porte forestal de Europa, os milenarios do parque do Castelo de Soutomaior (Soutomaior, Pontevedra), restos dos soutos que lle deron nome ó concello...e tantos outros que son mudas testemuñas dun pasado no que estas árbores eran os amos de moitos bosques, os señores do lugar.
Os estudos recentes indican que o castiñeiro era unha especie autóctona galega, que estaba en forma brava e silvestre dende épocas prehistóricas. O que si parece certo é que foron as romanas e os romanos quen máis difundiron o seu cultivo traendo numerosas variedades de castiñeiros, é dicir que potenciaron a utilización destas variedades para obter riquísimas castañas que aínda hoxe en día gozamos dende comezos do outono.
En Galicia, dende a romanización, o cultivo do castiñeiro foise estendendo ata ocupar case toda a comunidade, converténdose a castaña nun alimento básico. A aparición da doenza da tinta en Galicia (orixinada polos fungos Phytophtora cambivora e Ph. Cinnamomi), foi unha praga que provocou que moitos castiñeiros desapareceran a partir de finais do século XIX.
Quedan en Galicia moitos topónimos relacionados cós castiñeiros: Souto, Soutelo, Soutomaior, Castañal,...

IMOS BUSCAR NO MAPA DE GALICIA A VER SE ATOPAMOS PEGADAS DA PRESENCIA DE CASTIÑEIROS...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)