ESTA NOVA NON É DE MENTIRA. É VERDADE. FOMOS AO PAZO DA CULTURA AO CONCERTO DE SAKAPATÚ. VIMOS E OÍMOS A EVOLUCIÓN DA MÚSICA ANDINA.
GUSTÁRONNOS MOITO AS IMAXES DE FONDO.
TEMOS FOTOS
Este blog que naceu o curso pasado cando estabamos en 5º, vainos servir de comunicación e de medio para contar o que facemos agora tamén en 6º.
29 oct 2010
22 oct 2010
AS MALETAS DAS NENAS E DOS NENOS DE 5º
Dende que as profes trouxeron a maleta, nós, as nenas e os nenos tamén estamos traendo as nosas.Cada día alguén trae a súa e preséntalla ao resto.
É un momento moi agradable. Hai sorpresas incribles. A pesar de que levamos xuntas e xuntos dende infantil inda poden sorprendernos!
Temos algunhas fotos, botádelle un ollo (clicade para velas).
Que levará a maleta de Pepo? E a de Nevado?

17 oct 2010
A ACTIVIDADE DA "MALETA"
O VENRES, NAS CLASES DE QUINTO, INICIAMOS UNHA ACTIVIDADE PARA COÑECERNOS MELLOR, CHÁMASE "A MALETA".
COMEZARON AS PROFES. CHAMOUNOS MOITO A ATENCIÓN O QUE TROUXERON. A VERDADE E QUE NOS SORPRENDERON MOITO.
COMEZARON AS PROFES. CHAMOUNOS MOITO A ATENCIÓN O QUE TROUXERON. A VERDADE E QUE NOS SORPRENDERON MOITO.
ESTAMOS IMPACIENTES POR COÑECER AS MALETAS DO ALUMNADO... QUE TRAERÁN?
8 oct 2010
INICIAMOS UN PROXECTO NOVO
Estamos a traballar nun proxecto sobre "As idades da Terra".
Hoxe, xuntámonos as dúas clases e elaboramos as nosas hipóteses sobre o tema. Que sabemos en 5º sobre iso das idades da Terra? Cando se orixinou a Terra? Cando apareceron os seres vivos? E os seres humanos? Que apareceu antes, un home ou unha muller?....
Por agora o que sabiamos quedounos así (podedes axudarnos cos vosos comentarios para que cheguemos á verdade):

Que sabemos sobre a aparición da Terra e a Prehistoria?
- - É a época do Xurásico
- - Os continentes estaban todos xuntos
- - A Terra formouse cunha explosión, o big bang.
- - Había dinosauros e desapareceron (por volcáns, meteoritos,...).
- - Cando morreron os dinosauros a Terra evolucionou e formáronse os continentes, os países,...
- - Pensaban que a Terra era plana e que estaba suxeita por catro elefantes.
- - Cada ano a Terra separábase un centímetro porque os continentes movíanse.
- - Os continentes non tiñan nome.
- - As dúas primeiras persoas que existiron foron Adán e Eva que tiveron dous fillos.
- - Só se coñecían os continentes de Asia, Europa e África.
- - Despois do Xurásico vén a Prehistoria.
- - Ao Atlántico chamábanlle o mar Tenebroso e que ao acabar a terra caíase por un abismo.
- - Pensaban que o cabo Fisterra era a fin da Terra.
- - As persoas primitivas parecíanse aos primates.
- - Os peixes e as plantas submarinas desapareceron porque houbo unha chuvia ácida e sobreviviron poucas especies, entre elas un antepasado que asemellaba a unha donicela.
- - As persoas eran primates, co tempo foilles caendo o pelo e apareceu a Prehistoria.
- - A xente abrigábase coa pel dalgúns animais e cos caninos ou“colmillos”dos mamuts facían arcos, adornos, agullas,...
- - Algúns animais formáronse por unha célula.
- - A Prehistoria é un período de tempo que vai dende a orixe da humanidade ata a invención da escritura.
- - A Prehistoria durou millóns de anos.
- - Antes do Xurásico houbo o Triásico e o Cretácico.
7 oct 2010
ENSAIAMOS NOVAS FORMAS DE LER
En 5ºA e 5ºB ensaiamos novas maneiras de ler. Desta vez lemos un texto sobre como imaxinaban que era a terra na antigüedade. Utilizamos unha estratexia de equipos chamada quebracabezas.
Incrible o que se pode tirar dun texto se o ves dende diferentes perspectivas!
Incrible o que se pode tirar dun texto se o ves dende diferentes perspectivas!
5 oct 2010
O noso próximo proxecto vai sobre "As idades da Terra"
Acabamos de ler uns artigos sobre a aparición de restos de dinosauros. Isto levounos a pensar na antigüidade da Terra,...
Cantos anos credes vós que ten a Terra? Dende que se formou a Terra, cantos anos pensas que tardaron en aparecer os dinosauros?
Cantos anos credes vós que ten a Terra? Dende que se formou a Terra, cantos anos pensas que tardaron en aparecer os dinosauros?
Saúdo do alumnado de quinto
Ola:
Acabamos de crear o noso blog, nel van aparecer as nosas actividades, as nosas preocupacións, fotos, os nosos problemas, noticias,...
Agardamos que nos leades decote e que nos deixedes os vosos comentarios construtivos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)