Onte e hoxe, os grupos de 5º fomos ao Museo. Foi unha fonte máis que usamos no proxecto sobre a Prehistoria. Despois de usar fontes bibliográficas, audiovisuais, páxinasweb, et...fomos ao museo para ver útiles, armas, xoias,... pertencentes á Prehistoria.
Paula falounos do paleolítico e as bifaces, do neolítico coas pedras pulimentadas as cerámicas e os dolmen; da idade dos metais: do calcolítico o cobre e o ouro, do bronce e do ferro (que se conserva peor, inda que é máis recente, porque se oxida). Había tamén pedra gravada, petróglifos.
Vimos ademais algúns obxectos castrexos: fíbulas, muíños de man,áncoras, lucernas, torques,arracadas...
ESTA FONTE DE INFORMACIÓN VAI UNIRSE A ALGUNHA LECTURA PROPORCIONADA POLA MASCOTA COMO UNHA SOBRE NEANDERTHAIS...