21 dic 2011

UNHA CHOCOLATADA PARA FINALIZAR O ANO

Para rematar este primeiro cachiño de curso, no centro fíxose unha chocolatada. A ANPA preparou un chocolate boísimo... Nós repartimos e axudamos nas aulas das e dos peques.
Aproveitamos para ler a prensa e tomar as lambetadas que nos trouxeron os Reis Magos.

Felices festas!!! Feliz 2012!!!

9 dic 2011

UNHA VISITA Á EXPOSICIÓN SOBRE O GALEGO

Cando vimos que colocaban unha expsoición na entrada do colexio, fomos mirar. Tiñamos a seguridade de que sería algún traballiño da mascota... mais non.
Temos que visitar a exposición, escoitar, ler,... e despois... contestar PREGUNTIÑAS nun caderniño que foron elaboradas para que non nos perdamos nada dese tema tan interesante. A exposición ten que ver co galego e en parte coa súa historia, co importante que é para nós e para outras xentes.

UNHA SORPRESA!

Levamos para casa unha cartiña. Pedían ás nosas familias que leran connosco uns libros... Que intriga!
Tamén fixemos preguntas sobre o que nos gustaría saber sobre o sexo, sobre as dúbidas que tiñamos, eran preguntas anónimas que metemos nunha bolsiña...
Hoxe por fin SOUBEMOS de que ía todo... Comezamos desenvolver un programa afectivo-sexual.
Temos unha chea de libros! Uns teñen unha pinta interesantísima! Outros uns títulos que para que! (Pelos por todas partes, Sexo- que es?,..)Somos maiores e xa podemos ler libros diferentes.
Ao final do día comezamos coa distribución, hai quen tivo moita sorte co libriño... pero como imos levalos todos... xa nos tocará o que queremos.

7 dic 2011

TARXETAS CON ORIXINALIDADE

Aproveitamos estas datas para deseñar tarxetas. Este ano tamén participaremos cos nosos deseños na tarxeta colectiva que elaborará o colexio para felicitar as festas e desexar un feliz novo ano.
A novidade este curso é que ademais temos que consensuar na clase un desexo... niso estamos... non é nada doado... hai tanto que desexar para termos un 2012 feliz!