22 jun 2012

REMATAMOS PRIMARIA

Os grupos A e B de sexto despedímonos do centro. Rematamos primaria e marchamos para o IES. Non comezaremos aquí o vindeiro curso. Tampouco virá o curso próximo a profe Sita, xubílase e vai gozar de descanso e das cousas que máis lle gusten, xa vistes como a despedimos. Deica sempre! FELIZ VERÁN!

6º REVISA A SÚA HISTORIA NO COLEXIO Nesta última semana o profesorado despídese do alumnado de 6º e entre as actividades estivo a sorpresa de amosarlles as súas fotos dende infantil. O ALUMNADO DESPÍDESE DO PROFESORADO O alumnado de 6º despídese do profesorado. Hai fotos, agasallos, dedicatorias,... Tamén hai un agasallo e unha despedida especial para Nieves, que durante moitos cursos mantivo coa clase unha relación especial. A despedida máis emotiva foi a que o alumnado dedicou a Sita pola súa xubilación: ramo de flores, libro especial con cartolinas e dedicatorias e... unha cantiga con letra do alumnado de 6º e voces do coro do colexio.
ESTAMOS NO 22 DE XUÑO...
E...
IMOS DE VACACIÓNS!!!
O VINDEIRO CURSO AGÁRDANOS UN NOVO CENTRO.
VERÉMONOS NO INSTITUTO.
BO VERÁN A TODAS E A TODOS!!!!
PROFE SITA... GOZA TAN PRONTO POIDAS DA TÚA XUBILACIÓN,

20 jun 2012

GOZANDO DAS ÚLTIMAS ACTIVIDADES NA PRIMARIA

Estes días todo nos sabe a último... últimas follas do caderno, últimos proxectos, últimas actividades,... pero só últimas na primaria porque no IES volveremos facer máis. Estamos nas clases traballando en grupos con cousas diversas. Botade unha olladiña.

13 jun 2012

CONTINUAMOS APRENDENDO SOBRE A HIXIENE POSTURAL

MARCELA, COMPLETOU A INFORMACIÓN QUE O PROFESORADO VÉN DÁNDONOS SOBRE COMO SENTARNOS, COMO LEVAR AS MOCHILAS, COMO TRABALLAR CO ORDENADOR,... TIVEMOS UNHAS SESIÓNS DURANTE AS CLASES DE EDUCAIÓN FÍSICA.

12 jun 2012

ESTE ANO TAMÉN ELABORAMOS COMIDA

Este ano tamén houbo comilona. Nieves e as profes axudáronnos a elaborar bombóns. Primeiro tivemos que traballar coa receita, cos prezos dos ingredientes e resolver cooperativamente o problema, pero pagou a pena... Fixemos uns bombóns incribles!

TROUXÉRONNOS O CARTAFOL DO LÉREZ

VIÑERON VARIAS PERSOAS TRAERNOS O CARTAFOL DO LÉREZ, UNHA PUBLICACIÓN MOI XEITOSIÑA. ESTÁ MOI BEN, APARECE UNHA REPORTAXE SOBRE OS OBRADOIROS REALIZADOS NO COLEXIO E TAMÉN OUTRA SOBRE A BIBLIOTECA DO COLE.

9 jun 2012

UNHA FERMOSA EXPOSICIÓN NO COLEXIO

NO EDIFICIO DE SECRETARÍA HAI UNHA MARABILLOSA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE O LÉREZ E 6º FORON AS PRIMEIRAS CLASES EN VISITALA. HAI FERMOSAS IMAXES SOBRE SERES VIVOS DO RÍO LÉREZ. SEGURO QUE IMOS VOLVER.

1 jun 2012

FINA CASALDERREY VIRÁ O LUNS

Este trimestre lemos un libro da escritora pontevedresa Fina Casalderrey titulado "Ás de mosca para Anxo". Traballamos ao redor do libro e cos traballamos que fixemos e os que fixeron as nenas e nenos de 1º adornamos a biblioteca e puxemos unha mini-exposición con algúns libros de Fina. Diego fixo un fermoso retrato de Fina Agora agardamos que veña e seguro que teremos fotos para que as vexades.