8 oct 2010

INICIAMOS UN PROXECTO NOVO

Estamos a traballar nun proxecto sobre "As idades da Terra".
Hoxe, xuntámonos as dúas clases e elaboramos as nosas hipóteses sobre o tema. Que sabemos en 5º sobre iso das idades da Terra? Cando se orixinou a Terra? Cando apareceron os seres vivos? E os seres humanos? Que apareceu antes, un home ou unha muller?....
Por agora o que sabiamos quedounos así (podedes axudarnos cos vosos comentarios para que cheguemos á verdade):
Que sabemos sobre a aparición da Terra e a Prehistoria?
  1.  - É a época do Xurásico
  2. - Os continentes estaban todos xuntos
  3. - A Terra formouse cunha explosión, o big bang.
  4. -   Había dinosauros e desapareceron (por volcáns, meteoritos,...).
  5. -    Cando morreron os dinosauros a Terra evolucionou e formáronse os continentes, os países,...
  6. -    Pensaban que a Terra era plana e que estaba suxeita por catro elefantes.
  7. -    Cada ano a Terra separábase un centímetro porque os continentes movíanse.
  8. -    Os continentes non tiñan nome.
  9. -    As dúas primeiras persoas que existiron foron Adán e Eva que tiveron dous fillos.
  10. -     Só se coñecían os continentes de Asia, Europa e África.
  11. -     Despois do Xurásico vén a Prehistoria.
  12. -     Ao Atlántico chamábanlle o mar Tenebroso e que ao acabar a terra caíase por un abismo.
  13. -     Pensaban que o cabo Fisterra era a fin da Terra.
  14. -     As persoas primitivas parecíanse aos primates.
  15. -     Os peixes e as plantas submarinas desapareceron porque houbo unha chuvia ácida e sobreviviron poucas especies, entre elas un antepasado que asemellaba a unha donicela.
  16. -    As persoas eran primates, co tempo foilles caendo o pelo e apareceu a Prehistoria.
  17. -   A xente abrigábase coa pel dalgúns animais e cos caninos ou“colmillos”dos mamuts facían arcos, adornos, agullas,...
  18. -    Algúns animais formáronse por unha célula.
  19. -    A Prehistoria é un período de tempo que vai dende a orixe da humanidade ata a invención da escritura.
  20. -    A Prehistoria durou millóns de anos.
  21. -    Antes do Xurásico houbo o Triásico e o Cretácico.

8 comentarios:

  1. uuuuuuaaaaaauuuuuuuu esta pagina si q mola.Pero aun no e encontrado los juegos q hay en este blog.espero q os guste tanto como a mi
    besos

    anonima

    ResponderEliminar
  2. este blog es genial!!!yo soy de 5ºB y sobre el trabajo es verdad que lo estamos haciendo.

    ResponderEliminar
  3. Nunca fixen un proxecto, pero paréceme interesante, seguirei os vosos pasos

    ResponderEliminar
  4. HOLA SON IRIA DE 5ºA Y ESTE BLOG ME ENCANTA!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  6. Hola.Esta paxina é unha das mellores!!!!!!!!!!!!!!!

    bicos

    ResponderEliminar
  7. seguro que coa profe mónica progresaríamos máis con este proxecto

    ResponderEliminar