2 nov 2010

HABÍA CASTIÑEIROS NA PREHISTORIA?


AGORA ESTAMOS INVESTIGANDO A HISTORIA DO CASTIÑEIRO. IMOS SER CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS FACENDO INVESTIGACIÓN.
HAI DATOS COMO:
O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore profundamente ligada á Galicia. Non se sabe con certeza cando chegou á nosa terra, seguro que hai miles de anos. Igual que sucede con outras plantas cultivadas desde tempos antigos, é difícil precisar onde medra de forma espontánea e onde é unha árbore cultivada.
É moi lonxevo, podendo ser varias veces centenario, incluso milenario, atopándose con frecuencia exemplares que son verdadeiros monumentos vexetais. En Galicia temos castiñeiros antigos dignos de ser mencionados: o da igrexa de Baamonde (Begonte, Lugo), co seu tronco oco convertido en altar da Virxe esculpido na propia madeira da árbore polo escultor local Víctor Corral, o de Rozabales (Manzaneda, Ourense), os do Souto de Quintela (Catasós, Lalín, Pontevedra), considerados entre os máis grandes e de mellor porte forestal de Europa, os milenarios do parque do Castelo de Soutomaior (Soutomaior, Pontevedra), restos dos soutos que lle deron nome ó concello...e tantos outros que son mudas testemuñas dun pasado no que estas árbores eran os amos de moitos bosques, os señores do lugar.
Os estudos recentes indican que o castiñeiro era unha especie autóctona galega, que estaba en forma brava e silvestre dende épocas prehistóricas. O que si parece certo é que foron as romanas e os romanos quen máis difundiron o seu cultivo traendo numerosas variedades de castiñeiros, é dicir que potenciaron a utilización destas variedades para obter riquísimas castañas que aínda hoxe en día gozamos dende comezos do outono.
En Galicia, dende a romanización, o cultivo do castiñeiro foise estendendo ata ocupar case toda a comunidade, converténdose a castaña nun alimento básico. A aparición da doenza da tinta en Galicia (orixinada polos fungos Phytophtora cambivora e Ph. Cinnamomi), foi unha praga que provocou que moitos castiñeiros desapareceran a partir de finais do século XIX.
Quedan en Galicia moitos topónimos relacionados cós castiñeiros: Souto, Soutelo, Soutomaior, Castañal,...
IMOS BUSCAR NO MAPA DE GALICIA A VER SE ATOPAMOS PEGADAS DA PRESENCIA DE CASTIÑEIROS...

6 comentarios:

  1. Pois si,... por se non utilizades o dicionario cando é preciso, debedes de saber que a TOPONIMIA é a ciencia que estuda os nomes de lugar ou topónimos...

    ResponderEliminar
  2. vaya pues en 5ºB solo lo estudiamos a partir de mañana

    ResponderEliminar
  3. que guay haora hai juegos chulisimos

    ResponderEliminar
  4. Ese "haora" tine la hache donde no debe.., es AHORA

    ResponderEliminar
  5. Vemos que considerades ciencia en sentido amplio... Ben!!!!

    ResponderEliminar